Información sobre uso de cookies:

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.

CENEAM

Curso Básico Anual de Facilitación de Grupos: ferramentas e habilidades para xestionar colectivos, empresas e organizacións. 6 Edición

Organiza: CEIDA Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia

Inicio: : 20/10/2017

Fin: : 01/07/2018

Lugar: Castelo de Santa Cruz, s/n Oleiros - A Coruña

Modalidad: Presencial

Colabora: Instituto Internacional de Facilitación e Cambio (IIFAC-E)

Obxectivos

A facilitación é unha disciplina innovadora cuxa finalidade é axudar aos grupos a volverse máis efectivos. Mediante un conxunto de habilidades, técnicas e ferramentas, o facilitador/a traballa para crear as condicións que permitan o desenvolvemento satisfactorio dos procesos grupais, tanto na consecución dos seus obxectivos e realización da súa visión, como na creación dun clima onde reine a confianza e a comunicación fluida, empática e honesta.

Este curso axudarache a mellorar os espazos de reunión e toma de decisións, a creatividade e intelixencia colectiva, a comunicación, a xestión de conflitos, as dinámicas de poder e liderado, ou a xestión emocional grupal, entre outros moitos aspectos.

A quen vai dirixido

Educadoras/es, facilitadoras/es, mediadoras/es, emprendedoras/es sociais, xestores, activistas sociais, animadores/as socioculturais, participantes de organizacións interesadas en mellorar o seu funcionamento grupal ou en como facilitar cambios positivos e satisfactorios nas súas organizacións, grupos e comunidades dunha forma participativa, innovadora e potenciando a diversidade.

Interésache se...

  • parte do teu tempo o pasas en grupos de calquera tipo.
  • traballas en equipo e/ou organizacións sociais.
  • queres mellorar a participación na túa organizacion.
  • queres aprender a xestionar os confitos grupais.
  • queres explorar outros xeitos relacionarte contigo mesm@, co@s demáis e coa túa contorna.

Programa

  • 20-22 outubro 2017. Introdución aos procesos grupais. O rol do facilitador/a
  • 01-03 decembro 2017. A comunicación como proceso de aprendizaxe grupal
  • 19-21 xaneiro 2018. Traballar coa diversidade. Liderado e relacións de poder nos grupos
  • 16-18 febreiro 2018. Sabedoría e intelixencia colectiva
  • 16-18 marzo 2018. Do individual ao colectivo. A xestión das emocións nos grupos
  • 27-29 abril 2018. Gobernanza e toma de decisión
  • 25-27 maio 2018. Resolución de conflitos. Habilidades e Metahabilidades para facilitar en equipos e organización
  • 29 xuño - 1 xullo 2018. Creatividade, traballo en equipo e desenvolvemento de proxectos

Profesores/as

  • César Fernández Pérez (Coordinador) IIFAC-E
  • Mireia Parera Puigdomènech. IIFAC-E
  • Conchi Piñeiro. IIFAC-E. Altekio Soc.
  • Anna Pujol Villarroya. IIFAC-E. DDX
  • Verónica Campos. IIFAC-E

Inscrición

A inscrición pode realizarse por curso completo ou por módulos de maneira independente.

  • 760 € - curso completo (95 €/módulo)
  • 105 € - módulos independentes

Información:

CEIDA

Correo-e: formacion@ceida.org